28/02/14

Roteiro de Visantoña

Roteiro de Visantoña, concello de Santiso: Este roteiro circular, de baixa dificultade, transcorre por un paraxe de suaves elevacións, grandes superficies adicadas a produción de herba, con abundantes explotacións gandeiras, tamén se pasa ao lado do final do encoro de Portodemouros, no bico dun outeiro pode verse unha mámoa, xa cerca de Visantoña pasamos ao lado do Pazo de Vilar de Ferreiros.

24/02/14

Graffiti en Betanzos

Graffiti é a forma que teñen moitas persoas de expresarse, pintando por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social, outras veces son pura expresión persoal. Moitas destas pinturas fanse sen autorización, outras pola contra están autorizadas.

17/02/14

A Laranxa

A laranxa é o froito da laranxeira, ten forma redonda. A parte exterior da pel é de cor laranxa (de aí o nome da froita), cando está madura.
É habitual comela (retirándolle a pel, claro) ou beber o seu zume.

Esta froita é orixinaria da India, aínda que ás veces dise que é Vietnam o país de orixe. A froita orixinal é ácida cando se compara coas variedades modernas. Hai laranxas moi doces e tamén amargas, como a vida mesma.

09/02/14

Castro de Castromao (Celanova)

O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos.
Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo. Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m². O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo.