Translate

28/03/14

Estanque do Retiro, pasatempo de Betanzos

No nivel inferior construíuse o estanque do Retiro, cunha insua central na que había dúas estatuas imitando figuras romanas, bordeadas por un coidadoso mosaico con motivos de peixes. Nas paredes do estanque, completamente decoradas con cunchas de distintos moluscos, hai relevos representando un globo aerostático e un funicular.

21/03/14

Pasos subterráneos do Pasatempo de Betanzos

Na parte alta do Parque do Pasatempo de Betanzos atópanse as estruturas distribuídas en cinco niveis ós que se chegaba a través de escalinatas e pasos subterráneos imitando grutas prehistóricas, nas que aínda se conservan as figuras de dous dinosauros.

08/03/14

Parque do Pasatempo de Betanzos

O Parque do Pasatempo foi unha iniciativa novidosa, precursora dos actuais parques temáticos. Con variada vexetación, estanques e paseos, un conxunto de terrazas sucesivas ascenden pola aba do monte, con estatuas, relevos e construcións que buscaban reflectir lugares e feitos de todo o mundo, conformando o que se denominou un  parque enciclopédico ao servizo da ilustración do pobo de Betanzos e os seus visitantes. O réxime franquista adicouno a campo de concentración para prisioneiros republicanos.