Translate

31/08/14

ORREAGA/RONCESVALLES, É un enclave pirenaico, ao noroeste de Navarra e próximo á fronteira con Francia, constitúe un fito no Camiño de Santiago e alberga un dos mellores exemplos do gótico francés na Península


LUZAIDE/VALCARLOS, dá a benvida aos peregrinos que desde Francia se encamiñan cara a Santiago de Compostela, ten no seu haber algunhas das danzas máis rechamantes e ancestrais de Navarra.

DONIBANE GARAZI/ SANT-JEAN-PIED-DE-PORT, é unha vila e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. Forma parte do País Vasco Francés.


26/08/14

As Covas de Urdax/Ikaburu, Navarra / Nafarroa

As Covas de Urdax, tamén se coñecen como Covas de Ikaburu, en formación desde fai varios centos de miles de anos grazas á erosión do río Urtxume.
Atópanse escondidas baixo os verdes prados de Navarra/ Nafarroa, en pleno Pirineo, na localidade de Urdazubi/Urdax, e a poucos quilómetros da costa e da fronteira con Francia.
A visita guiada polas súas galerías permite descubrir un universo de estalactitas e estalagmitas, ademais de traer evocadores recordos de personaxes de lenda, guerrilleiros e contrabandistas que as ocuparon noutras épocas.

15/08/14

Río Uriderra 2

É moi espectacular, no nacedoiro do río Urederra(42.802504ºN, -2.132411ºO), a especial tonalidade turquesa destas augas, esta cor puido inspirar a quen bautizou ao río co nome de Urederra, que significa "auga fermosa". Pero ademais da auga, cabe mencionar a diversidade de flora e fauna que integran este espazo natural: faias, carballos, olmos, pradairos, teixos e abeleiras, entre outras especies vexetais, tamén hai: voitres, voitres brancos
, miñatos, tartarañas das xunqueiras, corvos, e outras moitas especies animais.

10/08/14

Nacedeiro do río Urederra, 1

O Nacedeiro do río Urederra, Navarra, é a saída natural de todo o acuífero kárstico da Serra de Urbasa. Esta saída atópase nun cortado que constitúe un anfiteatro rochoso de gran beleza, dentro do cal a auga do Urederra vai descendendo nunha sucesión de fervenzas e pozas de gran beleza.

03/08/14

RUTA DO RÍO TAMBRE

Ruta do Río Tambre, Brión,. Situada a 25 min en coche desde Santiago, preto de Negreira. .
A ruta é de nivel fácil, circular,  transcorre na súa maior parte pola parroquia de Santa María de Ons e ten como punto de referencia o Encoro Barrié da Maza, no río Tambre, xa que boa parte do seu traxecto discorre pola  marxe esquerda deste.
A Ruta empeza en Ponte Insua,(42.901182,-8.734567) onde a estrada AC 1302 Negreira-Urdilde atravesa o Río Tambre. Hai unha zona recreativa así como as instalacións de piragüismo municipais.
Desde aquí sae unha pista de terra pola marxe esquerda do encoro onde se pode contemplar unha mestura de vexetación autóctona (carballos, castiñeiros, etc.)
Neste primeiro tramo, se as augas do encoro están baixas, pódense ver as antigas Pesqueiras que cada pouco atravesan o río como a de Pazos, a de Pouso, a de Pedreira, a de Latedo e a de Cornedo. (As Pesqueiras son muros de pedra fluviais que se utilizaban para desviar os peixes ás trampas.