Translate

26/09/14

Lekeitio

Lekeitio é un pobo pesqueiro situado na costa de Bizkaia, na comarca de Lea-Artibai, sitúase sobre as ladeiras dos montes Otoio (399 m) e Lumentza. Tamén desemboca o río Lea, entre as praias de Isuntza e Karraspio, ao lado esquerdo queda a illa de San Nicolás.
As rúas do casco antigo de Lekeitio ofrecen a posibilidade de gozar dun patrimonio artístico abundante, a Basílica da Asunción e a de Santa María co seu magnífico retablo gótico bañado en ouro, considerado o terceiro máis grande do Estado. Así mesmo, podemos contemplar os palacios de Uriarte, Oxangoiti, Uribarri e Abaroa.
Outros lugares que merecen ser visitados son a illa de San Nicolás, e o faro de Santa Catalina, enclaves que nos ofrecen vista da paisaxe da costa de Lekeitio.

21/09/14

Mosteiro de San Salvador de Celanova

O Mosteiro de San Salvador de Celanova está conformado por unha igrexa de grandes dimensións, con planta de cruz latina, con tres naves de tres tramos cada unha e unha transversal que forma o cruceiro, destaca o gran retablo maior de Castro Canseco, así como os dous coros e o magnífico órgano, hoxe restaurado e habilitado para a celebración de concertos.

O mosteiro organízase ao redor de dous claustros, o Barroco ou procesional, do século XVI, é o inmediato á igrexa, con bóvedas de crucería e medallones con bustos de personaxes históricos (Carlos V, Felipe II, Juan de Austria...). No século XVIII foi ornamentado nas súas fachadas exteriores, nun barroco moi cargado, por frei Plácido Igrexas, monxe arquitecto de Celanova, a quen se lle atribúe a solemne escaleira que comunica os dous pisos deste claustro e dá acceso á torre dos abades.

 A biblioteca, distintas escaleiras e diferentes dependencias ofrecen interesantes solucións arquitectónicas que converten a este edificio nun dos exemplos máis destacados do denominado barroco galego.


14/09/14

Táboas de Daimiel

 As Táboas de Daimiel, é un humidal situado na provincia de Cidade Real en terras da Mancha,  foi declarado Parque Nacional no ano 1973, Reserva da Biosfera no 1981 e incluído dentro do Convenio Ramsar no ano 1982.
É o último representante dun ecosistema denominado táboas fluviais, formación que se produce polo desbordamento dos ríos Guadiana e Gigüela, favorecido pola escaseza de pendente no terreo. Coa súa declaración como Parque Nacional deuse un gran paso na conservación dun dos ecosistemas máis valiosos do noso planeta, asegurando así, a supervivencia da avifauna que utiliza estas zonas como área de invernada, mancada e nidificación.

05/09/14

Mosteiro de Sobrado

O mosteiro de Sobrado, descrito por López Ferreiro na súa novela " O Castelo de Pambre", atópase no Camiño Norte de Santiago, en Terras de Melide, o que propiciou o seu rápido auxe e a súa importancia na economía da zona, xa que se atopa tan só a 70 km de Santiago. A historia deste mosteiro pódese remontar, segundo algunhas investigacións, a épocas remotas, concretamente ao reinado dos suevos en Galicia, alo polos séculos V ou VI despois de Cristo. Os primeiros documentos que se atoparon datan do século X.