Translate

21/11/14

Praia de Caminha / Foz do Minho, Forte da Ínsua

Praia de Caminha / Foz do Minho, Cunha área de grande beleza xunto á foz do Rio Minho, rodeada polo piñeiral da Mata Nacional do Camarido, a Praia de Caminha ou Praia do Camarido está situada no extremo noroeste do territorio portugués, fronte ao monte de Santa Tegra, ao seu carón o Río Minho deixa de selo e fúndese co océano.
A sua localización posibilita escoller entre a praia de area fina bañada polo océano axitado e a zona tranquila do rio, con areias mais grosas e augas tranquilas.

O Forte da Ínsua sitúase na Insua de Santo Isidro, na parroquia de Moledo, concello de Caminha, distrito de Viana do Castelo, en Portugal.

Esta pequena illa, situada a cerca de douscentos metros da costa, ao sur da foz do rio Miño, foi primitivamente utilizada como local de culto, nela erguíase unha pequena ermida. O faro, situado no punto máis alto, indica a presencia da illa ás persoas que navegan preto dela.

14/11/14

Sobremesas e Doces do Outono

Calquera época do ano é boa para desfrutar dos doces na sobremesa máis o outono ofrece un conxunto de froitos moi apetecibles. Resulta incrible como moitas persoas son capaces de transformar os produtos básicos que da a terra  neste época do ano en sofisticados doces que nos marabillan polo seu sabor e tamén polas súas cores, tacto, texturas e mesmo formas. Vaia o meu recoñecemento a todas estas persoas que elaboran estes tesouros culinarios.

07/11/14

LÁNCARA


 Láncara pertence á comarca e ó partido xudicial de Sarria. O termo municipal ten unha zona atravesada polo tramo baixo do curso do río Neira, ó redor do que se estende o rebordo oriental da meseta lucense e o norte da chaira de Sarria, pero ten tamén outra boa parte montañosa que enlaza cos rebordos dos macizos dos Ancares e o Courel.

O río Neira nace na Fontaneira (serra do Portelo, O Cádavo), atravesa de Nordeste a sueste os concellos de Baralla e Láncara, e desemboca no Miño, moi preto da Ponte de Neira.
Ponte de Carracedo (Láncara), a ponte máis importante do concello, situada sobre o río Neira ponte de catro vans, (só dous deles situados no cauce do río, o resto para previsión de "cheas") de sillería e cachotería, con tallamar e esporón no piar central. Ten a particularidade de conservar unha pequena construción no centro, unha especie de "templete" que albergou unha imaxe de San Miguel
Nesta localidade atópase a Casa Grande de Láncara, casa de turismo rural con moito encanto. O día 24 de cada mes hai unha pequena feira con polbo e viño.

03/11/14

Fervenza do río Toxa

A Fervenza, ou "cadoiro", do río Toxa   é de extraordinaria beleza, a vexetación, a rocha e a auga  fúndense para conseguir esta obra da natureza. O Río Toxa cae preto de 30 m en caída vertical. Este espazo esta rodeado dun denso bosque de carballos, castiñeiros, sobreiras, amorodeiras e decenas de especies máis. É un primitivo bosque autóctono de Galicia. Así era fai centos de anos e esperemos que permaneza así outros centos de anos máis.  Á fervenza accedese por dous lugares diferentes; desde arriba, un miradoiro permite observar o salto desde a súa parte máis alta e tamén as espectaculares vistas da unión do río Toxa eo Deza, encaixados nos seus vales. Por baixo do miradoiro discorre unha canle de auga que atravesa a rocha por pequenos túneles.
Seguiremos unha pista que baixa cara ao val e cara ao corazón da fervenza.
A poucos km do este lugar atópase o mosteiro románico de Carboeiro e a fermosa ermida gótica de San Pedro de Ansemil.