Translate

27/03/15

As Torrentes de Mácara, Ulla ,Pambre

As Torrentes de Mácara, sitúanse no lugar de Mácara, aldea de Ramil do Concello de Palas de Rei, nun tramo do alto Ulla entre o balneario de Frádegas e a confluencia Ulla - Pambre. O Ulla discorre por un pequeno canón entre granito con moitos rápidos e pequenas fervenzas. A de máis altura entre 3 e 4 metros a de Mácara. Despois deste tramo axitado e nunha zona de augas calmas prodúcese o encontro co río Pambre, seguindo o curso deste, a pouca distancia, atopamos un salto de auga que corresponde a un pequena presa.

 

22/03/15

Mosteiro Benedictino de Santa Cristina de Ribas de Sil

O mosteiro beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, destaca pola súa monumentalidade asi como pola espectacularidade da seu enclave rodeado de bosques ao bordo do río Sil.
Hai manifestacións da súa existencia no S. X, aínda que a construción arquitectónica que se conserva actualmente data dos S. XII e XIII. Trátase dunha das xoias arquitectónicas do románico galego e do labor escultórica dos mestres medievais que traballaron na súa fábrica.
Na súa contorna gozamos dunha extraordinaria beleza natural. Está conectado por un carreiro de grande beleza que bordea o río Sil, a través de bosques centenarios, co Monasterio de de Santo Estevo de Ribas de Sil, a uns 20km aproximadamente de distancia. Atópase próximo tamén ás rutas do Catamarán, desde o cal, pódese observar a torre do mosteiro;
Próximo atopamos tamén o Miradoiro dos Balcóns de Madrid, e o pequeno pobo histórico-artístico de Rabacallos.

13/03/15

Mini e Mero cantan un poema de Rosalía

Mini e Mero cantan un poema de Rosalía. Nun recital memorable que deron na AAVV da Agra do Orzán na Coruña. Mini e Mero puxéronlle voz e música a un poema de Rosalía no que invitan a reflexionar sobre o noso pasado persoal e colectivo, recuperar a memoria e a auto estima e tamén recoñecernos a nos mesmos na imaxe cristalina da auga da fonte, que tamén é a da vida.

06/03/15

Canóns do Sil

O río Sil formou ao longo dos séculos profundos canóns, nas partes máis abruptas estes desfiladeiros chegan aos 500 metros de profundidade. Son fracturas graníticas entremetidas de bosques autóctonos por todos os recunchos. A pesar do forte desnivel medio, a paisaxe está humanizado con bosques e cultivos de viñas por medio de balcóns (terrazas de bancais) nas ladeiras de solaina. Currunchos entre penedos son aproveitados para plantar vides. É de admirar a difícil vendima nestas pendentes onde as costas das e dos vendimadores segue a ser a maneira de sacar as uvas, excepto pequenas axudas modernas de mecanización por medio de raíles. Estes viños son reputados desde tempos dos romanos, coma o de Amandi ou a variedade de uva autóctona, mencía.