Translate

27/11/15

A Proba de Navia, Navia de Suarna

A Poboación de A Proba de Navia, está situada no municipio de Navia de Suarna territorio localizado na parte norte dos Ancares, limita, polo tanto, con Asturias e León.
 
A presencia de moitos castros no concello, como o de Cantón e Cabanela, indican que estas terras foron habitadas desde a antigüidade. Existen, tamén, restos románicos en San Miguel de Barcia. O primeiro documento onde aparece Navia de Suarna data do ano 1450, exercían a xurisdición os Osorio de Moscoso, Condes de Altamira, cuxo castelo permanece na capital.

Este territorio tivo unha importante influencia carlista, a través dos fidalgos que temían perder privilexios.

 
O Río Navia é o protagonista da comarca, nace na Serra do Rañadoiro para desembocar na poboación do mesmo nome en Asturias. Durante o seu percorrido galego pola Sierra dos Ancares, forma unha rede hidrográfica das máis importantes da Galiza.

Nesta poboación atópase o Castelo do Conde de Altamira, a construción do Castelo do Conde de Altamira en A Proba de Navia pode datar do Século IX, destruírono, case na súa totalidade, polos Irmandiños nas súas revoltas de 1467. Posteriormente, os Condes reconstruírono, hoxe atópase nun estado de conservación bastante lamentable.

Moi preto do castelo, sobre o Río Navia, sitúase a Ponche Vella, unha grande ponte medieval de arco apuntado, construído de lousa e coa vía  alombada para evitar ser afectado polas crecidas do río.

 
A gastronomía destaca polos embutidos de porco, como a androia, o mel, a carne, as castañas, as troitas, etc.

21/11/15

Siena cidade da Toscana

Siena é coñecida polo seu patrimonio artístico e urbanístico, a Piazza do Campo, conxunto monumental da Catedral, todo un conxunto de rúas e prazas con moito encanto, e toda a cidade situada nun entorno de paisaxe propio  da Toscana. Todo este conxunto urbano presenta unha notábel unidade estilística. Foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. 

Segundo a mitoloxía romana, Siena foi fundada por Sénio, fillo de Remo, e pódense encontrar numerosas estatuas e obras de arte nas que se mostran, o mesmo que en Roma, os irmáns Rómulo e Remo mamando da loba. 

Esta cidade foi un poboamento etrusco e, máis tarde, colonia romana (Saena Julia) refundada polo emperador Augusto. Era, con todo, unha pequena poboación, lonxe das rutas principais do Imperio. 

NO século V, Siena, constitúese nunha cidade cristiá. O certo é que o conxunto de obras artísticas que conten representan un alto valor histórico e estético. 



13/11/15

Piornedo Ancares

A localidade de Piornedo  está situada no centro da serra dos Ancares, este pequeno lugar, declarado Conxunto Histórico-Artístico, está a 1.300 m de altitude, preto da fronteira con León. Nesta poboación mestúranse construcións tradicionais, Pallozas,  con modelos de edificacións modernas.

As Pallozas considerase como a evolución das vivendas prerromanas, O Cebreiro e o Piornedo son as aldeas que mellor conservan as formas construtivas máis antigas de Galicia. A súa forma circular, o teito en forma de cono feito de palla de centeo, breixo ou piorno, seguramente os mesmos materiais que utilizaron nas construcións castrexas. A cuberta, de forma moi empinada, permite que a neve e a auga non se acumulen e poidan deteriorala. As paredes son de cachotería.

No interior destacan: as lareiras para facer lume e cociñar, un forno no que se cocía o pan e un dormitorio. Estas construcións carecían de chemineas, isto fai que o fume traspase a palla do teito, o que contribúe a secala e polo tanto a conservala mellor. 

Os animais gardábanse nunha estancia, encima da cal situaban o dormitorio das persoas, isto permitía aproveitar o calor que aportan estes, como na maioría das casas tradicionais. 


Actualmente en Piornedo hai catorce pallozas usadas como cortes ou como museos. Precisamente, a palloza-museo Casa do Sesto (habitada ata 1970) amósanos como se vivía daquela, nestas vivendas tan características, exemplo de aproveitamento de recursos .



07/11/15

Pico dos Tres Bispos, Ancares

O pico dos Tres Bispos está situado a 1795 metros de altitude. Di a tradición que aquí se reunían os bispos das dioceses de Lugo, Astorga e Oviedo. É un topónimo metafórico que indica o lugar de confluencia das dioceses citadas. 

Nestes paraxes, na primavera, reina o brezo, que cobre os Ancares cunha espectacular cor morada. Polas pedrizas é fácil ver o rebeco, cabra. 

Os Ancares son fronteira natural entre Galicia, León, e Asturias desde o alto dos seus picos pode verse Ponferrada e as Medulillas, na vertente leonesa, e as poboacións de Becerreá e A Fonsagrada, cara ao lado lucense. Ao norte, Asturias cos vales próximos de Ibias e Cangas do Narcea; e ao sur, O Cebreiro e os montes de O Courel. 

O percorrido que leva ao Tres Bispos é moi doado ate a base ou Campa da Braña, a partir deste lugar o percorrido faise por un carreiro estreito e bastante empinado, ao tempo que espectacular, claro que hai que compartilo coas vacas que pastan polo lugar e que, dende logo, teñen preferencia. 

Antes ou despois da subida merece a pena deterse e tomar un refrixerio no Albergue Dos Ancares, primeiro centro de turismo rural en Galicia e todo un símbolo para a zona.