Translate

21/11/15

Siena cidade da Toscana

Siena é coñecida polo seu patrimonio artístico e urbanístico, a Piazza do Campo, conxunto monumental da Catedral, todo un conxunto de rúas e prazas con moito encanto, e toda a cidade situada nun entorno de paisaxe propio  da Toscana. Todo este conxunto urbano presenta unha notábel unidade estilística. Foi declarada pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. 

Segundo a mitoloxía romana, Siena foi fundada por Sénio, fillo de Remo, e pódense encontrar numerosas estatuas e obras de arte nas que se mostran, o mesmo que en Roma, os irmáns Rómulo e Remo mamando da loba. 

Esta cidade foi un poboamento etrusco e, máis tarde, colonia romana (Saena Julia) refundada polo emperador Augusto. Era, con todo, unha pequena poboación, lonxe das rutas principais do Imperio. 

NO século V, Siena, constitúese nunha cidade cristiá. O certo é que o conxunto de obras artísticas que conten representan un alto valor histórico e estético. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario