Translate

31/12/15

Cidade Encantada, Cuenca

Cidade Encantada, situada na localidade de Valdecabras (Cuenca), en pleno corazón do Parque Natural da Serranía de Cuenca e rodeada de inmensos piñeirais, a Cidade Encanta é unha paisaxe moi espectacular, onde se mostra o proceso xeolóxico do Carso (karst) e as súas estrañas formacións. Por iso, a Cidade Encantada foi declarada Parque Natural o 11 de xuño de 1929.
 

A súa orixe remóntase a fai 90 millóns de anos, cando a Cidade Encantada formaba parte do fondo do mar de Thetis. Tratábase de augas tranquilas, o que propiciou a deposición de sales, en especial carbonato cálcico.
 

Ao final do Cretáceo e como consecuencia da oroxénese alpina, o mar retirouse e o leito mariño, composto de pedra calcaria, emerxeu á superficie. Miles de anos de acción da auga, do vento e do xeo foron orixinando estas formas  xeolóxicas con aparencias máxicas.

1 comentario:

  1. Moitas grazas por esta viaxe, Manolo.
    A cidade encantada de Cuenca era a miña imaxe favorita do libro de 4º de Primaria... e a miña Arcadia particular... e nunca alá cheguei.

    ResponderEliminar