Translate

06/12/15

O Río Sarela, Santiago de Compostela

Río Sarela, Santiago de Compostela
Compostela está situada entre os rios Sar e Sarela. O río Sar bordea a cidade polo leste mentres que o río Sarela faino polo oeste, os dous únense na zona do Chouciño. O Sar continúa camiño de Padrón, para unirse co río Ulla.


O río Sarela, dus 10 Km de lonxitude, tamén é coñecido como o río dos Sapos, as primeiras augas abrollan nas ladeiras do monte Pedroso, polo lado da Peregrina, e segue polo Romaño cara Galeras e Vidán. Este río cumpriu  un importante papel no desenvolvemento da zona pola que transcorre, subministra auga para uso agrario, doméstico e industrial: muíños, fábricas de curtidos, lavadoiros, pesca. Aproveitamento para o lecer, paseos, xogos, baños, foi outro dos usos deste río. De todos estes  usos, quedan vestixios ao longo de todo o percorrido. 

Como consecuencia destes usos o río sufriu moitas modificacións e deterioros: desviación das súas augas para levalas a muíños, fábricas de curtidos, rego agrícola, etc, construción de pontes e camiños que atravesan o seu seu leito, ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas, foron degradando este espazo. 
Nos últimos tempos, o Sarela, está en fase de recuperación para poder desfrutar da súa contorna. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario