26/02/16

Río Arno Florencia





 Río Arno ao seu paso por Florencia. Nace nos montes Apeninos, a unha altura de 1385 m, cunha lonxitude de 241Km. Desde este lugar descende ata o Mar de Liguria, Mediterráneo, atravesando de leste a oeste a rexión italiana da Toscana. No seu percorrido o río Arno atravesa as  cidades de Florencia e Pisa, entre outras.

Son moitas as pontes que cruzan o Arno, a máis famoso delas é a Ponte Vecchio (Ponte Vella) de Florencia, sobre o que están instaladas, desde fai séculos, tendas de xoias e pedras preciosas. 


O seu réxime é mediterráneo con estiaxe no verán e crecidas no outono. O 4 de novembro de 1966 produciuse unha crecida que alcanzou 4.500 m³/s en Florencia, consecuencia de choivas de máis de 200 mm na mesma Florencia. 

En períodos de seca chegou a caudais moi baixos, mesmo a 0,56 m³/s.
 

O percorrido é dunha peculiar atracción e beleza. Moitos e moitas artistas inspiráronse neste río para dar vida ás súas pinturas, esculturas ou demais obras mestras, como foron Boticelli, Miguel Anxo ou Galileo, entre outros. 

19/02/16

Fervenzas de Raxoi e Muíños de Parafita

Fervenzas de Raxoi e Muíños de Parafita no río Valga, este  nace nos Montes Xesteiras e vai cara ao oeste, pasa aos pés da Capela dos Mártires. Logo de Raxoi bordea unha montaña e diríxese cara á o norte formando unha "V". 

Entre Raxoi e Parafita o río entra nunha zona rochosa que o encaixa e faino descender 50 metros nunha distancia de tan só 200 m. O Valga xunta as augas do Rego dos Ferreiros e descende rápido polo val formando numerosas fervenzas. Neste río, e preto de Ponte Valga, atópase unha área recreativa.

Seguindo cara a Raxoi, e collendo unha pista podemos  dirixirnos á parte de arriba das fervenzas. Pronto escoitaremos as augas do río Valga á nosa esquerda, moi preto están os  Muíños de Parafita a onde se chega por unha pequena senda, que inclúe unha pasarela de madeira a carón do río, moi cerca aparecen os Muíños, en bo estado de conservación.

Río arriba, seguindo unha senda, atopamos as fervenzas de Raxoi. O salto máis grande ten 6 metros e forma unha grande poza. A paraxe desta zona é  moi fermosa.

13/02/16

Templo exipcio de DEBOD, Mandrid

O Templo exipcio de DEBOD é un templo exipcio do século II a. d C instalado no Parque do Cuartel da Montaña, foi doado polo goberno exipcio para evitar que quedase inundado trala construción da gran presa de Asuán.
 

A construción do templo iniciouse a comezos do século II a. C. adicouse aos deuses Amón e Isis. A capela está decorada con relevos. Posteriores reis da dinastía ptolemaica construíron novas estancias ao redor do núcleo orixinal. 

Trala anexión de Exipto ao Imperio Romano, os emperadores Augusto e Tiberio  culminaron a construción e decoración do edificio.
No século VI, trala conversión de Nubia ao cristianismo, o templo foi pechado e abandonado. 


Xa no século XX e debido á construción do encoro de Asuán, o goberno exipcio regalouno á cidade de Madrid e foi transportado, reconstruído pedra a pedra e aberto ao público na súa actual localización en 1972. A reconstrución que se fixo en Madrid mantivo a orientación do seu lugar de orixe, é dicir, de leste a oeste.

Neste templo de Debod deixaron a súa pegada desde os antigos fieis de Isis e Amón ata os viaxeiros occidentais do século XIX, estes inscribiron case douscentos grafitos, todos eles catalogados e estudados.

Entre as inscricións plasmadas en Debod, nos seus máis de 2.200 anos de historia, figuran caravanas de dromedarios, unha gacela, unha barca, cruces, dúas expresións en grego, palabras coptas, quince frases en árabe e uns trinta sinais de viaxeiros británicos, italianos e franceses.

05/02/16

O Rastro de Madrid

O nome de "O Rastro" débese a que neste lugar estaban situados varios curtidoiros, rúa de "Ribera de Curtidores", cerca atopábase a ribeira do Río Manzanares onde se hubicaba o matadoiro, polo que ao transportar, arrastrando, as peles das reses mortas desde o matadoiro ata os curtidoiros deixaban un "rastro" de sangue. 

Unha escura lenda indica que o nome ven do rastro que deixaba o sangue dos condenados ao garrote vil e que eran executados á vista de todos neste lugar.

Tradicionalmente a actividade comercial céntrase en artigos que non se comercializan nos mercados e establecementos clásicos como mercancías vellas e raras, rarezas e obxectos diversos. Hoxe no rastro podemos atopar roupa e obxectos de primeira man sen usar.
 
Existen rúas e prazas onde predominan certo tipo de mercadorías, como exemplos hai zonas de venta de: paxaros, pintura, revistas, cromos, estampas, roupa de segunda man, libros, roupa underground e accesorios, artigos de ferretería e un sin fin de obxectos variados.
 
O cantante Patxi Andión fixo famosa unha canción nos 70 sobre o rastro de Madrid, co refrán: "Unha dúas e tres unha dúas e tres o que vostede non queira para o rastro é".
 
No Rastro de Madrid aínda se poden ver  chulapos vendendo barquillos e algunha anciá tocando o organillo.