Translate

13/02/16

Templo exipcio de DEBOD, Mandrid

O Templo exipcio de DEBOD é un templo exipcio do século II a. d C instalado no Parque do Cuartel da Montaña, foi doado polo goberno exipcio para evitar que quedase inundado trala construción da gran presa de Asuán.
 

A construción do templo iniciouse a comezos do século II a. C. adicouse aos deuses Amón e Isis. A capela está decorada con relevos. Posteriores reis da dinastía ptolemaica construíron novas estancias ao redor do núcleo orixinal. 

Trala anexión de Exipto ao Imperio Romano, os emperadores Augusto e Tiberio  culminaron a construción e decoración do edificio.
No século VI, trala conversión de Nubia ao cristianismo, o templo foi pechado e abandonado. 


Xa no século XX e debido á construción do encoro de Asuán, o goberno exipcio regalouno á cidade de Madrid e foi transportado, reconstruído pedra a pedra e aberto ao público na súa actual localización en 1972. A reconstrución que se fixo en Madrid mantivo a orientación do seu lugar de orixe, é dicir, de leste a oeste.

Neste templo de Debod deixaron a súa pegada desde os antigos fieis de Isis e Amón ata os viaxeiros occidentais do século XIX, estes inscribiron case douscentos grafitos, todos eles catalogados e estudados.

Entre as inscricións plasmadas en Debod, nos seus máis de 2.200 anos de historia, figuran caravanas de dromedarios, unha gacela, unha barca, cruces, dúas expresións en grego, palabras coptas, quince frases en árabe e uns trinta sinais de viaxeiros británicos, italianos e franceses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario