26/11/16

Grutas da Moeda, Fátima, Portugal





As Grutas da Moeda localízanse en S.Mamede, Fátima. Cunha extensión visitable de 350 metros e unha profundidade de 45 metros, a temperatura media é de 18ºC. 

Descubríronse en 1971 por dous cazadores que perseguían unha raposa, desvelando a beleza das súas salas e galerías


Hoxe é unha atracción turística da zona, preservándose rigorosamente as súas características internas e de superficie.

As grutas da Moeda están formadas por procesos de erosión e corrosión,  posúen cristalizacións, a rocha predominante é o calcario. Segundo os estudos, estas grutas remóntanse ao período Xurásico medio.
 

Os nomes das salas que compoñen as grutas son suxestivos da imaxe que proporcionan ao visitante: Persépio, Pastor, Fervenza, Virxe, Cúpula Vermella, Marítima, Capela Imperfecta, Bolo de Noiva, Bóveda Vermella e Fonte das Bágoas.
 

No exterior existe aínda un amplo parque de merendas envolvido polo bosque, unha cafetaría e un espazo comercial. 

Di unha lenda que, hai moito tempo, andaba un home rico polo bosque cun saco de moedas cando foi atacado por ladróns, máis ao tentar fuxir caeu xunto a un penedo xuntamente coas moedas cobizadas polos asaltantes, dando nome ás Grutas da Moeda.






Se queres ver as fotos pincha

20/11/16

Mercado da Boqueria






 O Mercado da Boqueira (Mercat San Josep), (Ramblas de Barcelona) parece ter a súa orixe nos postos ambulantes de carne que se estableceron dende o SXIII nesta zona, situación comercial que aínda hoxe persiste, en gran medida.

Respecto do nome  da Boqueira, a versión máis fiable relaciono cos postos de carne de cabrito(boc, en catalán) que vendía a comunidade xudía xa no S.XIII.
 

O mercado da Boqueira é o primeiro dos mercados municipais de Barcelona, foi inaugurado en 1840, está situado  nos terreos ocupados ata entón polo convento de Sant Josep. 
 
Co tempo o mercado da Boqueria de Barcelona transformouse nun mercado moderno. Incorporou a iluminación de gas en 1914, tamén neste ano finalizouse a cuberta metálica que lle outorga singularidade ao espazo. 

Actualmente é o mercado de alimentación máis antigo e completo de Barcelona, ofrece todo tipo de produtos, verdura, carne, peixe e miles de produtos máis cunha particular forma de presentación en postos cheos de encanto, e nun entorno de gran valor arquitectónico. 








 

 Se queres ver as fotos pincha


12/11/16

Mata Nacional de Busaço



A Mata Nacional de Busaço é un parque natural que está situado na serra do mesmo nome, parroquia de Luso, rexión do centro de Portugal. Ten a súa orixe no Século VI, da man dunha comunidade de monxes Beneditinos.

No Século XVII pasa aos Carmelitas descalzos, estes constrúen o mosteiro en 1628. Tamén levantaron un muro ao seu redor  de case 6Km. e continuaron coa plantación de especies forestais exóticas, provenientes das colonias portuguesas.

Hoxe podemos contemplar máis de 700 especies, moitas delas propias de lugares moi afastados, e reunidas nun mesmo espazo.

Co apoio do Papa, estes monxes conseguen unha bula que prohibía a tala de árbores, un dos motivos polo que se conserva este conxunto arbóreo.

Os monxes, tamén, conseguiron outra bula do Papa que  prohibía a entrada ao recinto das mulleres, cando a Raíña Catalina quixo visitar este recinto tiveron que abrir unha nova porta na muralla para sortear a prohibición é por isto que unha das portas chámase á da Raíña.

Entre os espazos de moito interese destacan: o paseo de fetos(fentos) xigantes, varias fontes como a Fonte Fría onde habitan varias especies de anátidos no seu estanque e que está unida a unha escalinata moi espectacular. Destaca, tamén, na cima do parque un pazo do S XIX de estilo neomanuelino e un mosteiro. 

O parque está atravesado por múltiples sendeiros en algúns deles están situadas unhas pequenas ermidas que constitúen un viacrucis. En lugares afastados atópanse pequenos cenobios onde os monxes vivían en soidade. 

 

 Se queres ver as fotos pincha

06/11/16

Viaxe ao centro de Portugal






Viaxe ao centro de Portugal. Esta viaxe, moi ben guiada por Samuel Rodríguez, foi todo un redescubrimento dunha parte de Portugal que tiña un pouco desdebuxada no tempo. 

A Mata de Busaço, parque natural, enclave histórico, con varios centros de intereses: arquitectónico, natural (con variada fauna e flora) especialmente o val dos Fetos. No centro do parque sitúase un hotel de estilo Manuelino e un convento.

Durmimos en Leiria á beira do Castelo que preside esta poboación.

Ao día seguinte tocou visitar o mosteiro de de Batalha, mostra do Gótico Manuelino Portugues, labrado en pedra calcaria e con profusión de decoración moi elaborada.

A Gruta da Moeda mostrounos algúns dos segredos agochados no interior desta terra.

Un paseo polo paraxe da comarca móstranos un parque sensorial, que lle permite ás persoas con dificultades visuais gozar das sensacións táctiles. E tamén da contemplación de muíños de época, asi como da paisaxe da contorna. 

A cidade de Óvidos gardada pola súa muralla á que lle chegaba a auga por un acueduto, que aínda se atopa en bon estado, acóllenos entre lusco e fusco e invítanos a unha ginginha.

Ao día seguinte visitamos a tomba de Dona Ines de Castro situada no mosteiro de Alcobaça.

Máis tarde acercámonos a cidade de Tomar onde está situado o Convento do Santo Cristo, onde os estilos arquitectónicos románico e gótico dialogan en tempos e formas ben distintos.

Rematamos en Coimbra, cidade universitaria onde o río Mondego sobe de ton cando as augas baixan farturentas.       
 


Para ver as fotos pincha