Translate

20/01/17

Parc Güell 2, Barcelona


Este parque, Parc Wüell, pasou de urbanización privada a parque público. As complexas condicións da venda das parcelas, a falta dun transporte adecuado e o carácter moi exclusivo da urbanización fixérona inviable. 


Ante a  falta de compradores, as obras abandonáronse en 1914. Só se construíron dúas das 60 casas previstas. O parque convertíase así nun gran xardín privado que Güell cedía para actos públicos.

Eusebi Güell morreu na súa casa do Park Güell en 1918, e os seus herdeiros ofreceron o parque ao Concello, que acordou a súa compra no pleno municipal celebrado o 26 de maio de 1922. En 1926 abriuse como parque municipal. A casa da familia Güell habilitouse como colexio público, que adoptou o nome do pedagogo Baldiri Reixac, e a zona situada á esquerda da entrada destinouse a viveiro de flores ornamentais para o Concello.

Empezou a construción en outubro de 1900, O 4 de xaneiro de 1903, unha descrición publicada no Anuario da Asociación de Arquitectos indicaba que xa estaban terminados os dous pavillóns da entrada, a escalinata principal, o refuxio para os coches de cabalos, o valado exterior, os viadutos e unha parte da gran explanada, así como o sistema de evacuación de augas. En 1907 xa se celebraban actos na gran praza, polo que sabemos que a Sala Hipóstila xa estaba totalmente cuberta, e o banco cerámico que a rodea completouse en 1914.




Se queres ver as fotos pincha

Ningún comentario:

Publicar un comentario