Translate

25/05/17

Un paseo por Os Teixoes, Taramundi



Os Teixois é un conxunto etnográfico a 4 km de Taramundi, Asturias, preto de A Pontenova, Lugo. Neste enclave atópanse unha serie de enxeños hidráulicos en moi bo estado de conservación e funcionamento. 

O conxunto está atendido por persoas que guían a visita e dan as explicacións necesarias. 

A contorna xeográfica está constituído por unha paisaxe de montes, casas e hórreos típicos de Asturias, regatos, (o maior, chamado As Mestas é o que impulsa as máquinas do conxunto), desniveles, carreiros e camiños rurais, coa vexetación e verdor propios desta zona. 


Pódense ver outros aproveitamentos como o agrícola, apicultura, hostaleiro, etc.

Para ver as fotos pincha aquí

Para ver o vídeo pincha aquí  

19/05/17

Os Andrade, Betanzos, Monfero


Os Andrade, Betanzos, Monfero. Galiza foi unha zona de duro feudalismo, uns dos seus representantes foron Os Andrade, a Nuño Freire de Andrade quedoulle o alcumo de  "o mao", isto da idea de como foi a súa política.
 

Nuño foi administrador de xustiza implacable e sacoulle aos seus vasallos todos os impostos e rendas de que foi capaz. 

Foi aliado das monarquías Casteláns coas que colaborou, por isto aumentou impostos e cargas ate que o fidalgo Roi Xordo pon de acordo a líderes das localidades do Señorío, e tamén a moitos campesiños, que por primeira vez participan nun levantamento conxunto de campesiños e vilegos. 


Miles de persoas do territorio comprendido pola Coruña, Pontedeume, Villalba e Ferrol reúnense na irmandade, Irmandiña Funsquella, para desfacerse do seu Señor Nuño Freire. Uns dez mil vasallos, armados unha maioría deles só de paus e fouces, dedicáronse a destruír viñas, hortas e casas fortes dos Andrade. En Compostela foron derrotados polos exércitos da igrexa e o do propio Nuño.
Máis tarde outras irmandades seguirían o seu exemplo. 

Se queres ver as fotos pincha aquí.


Se queres ver o vídeo pincha aquí.





12/05/17

Igrexa abacial de Meira, Lugo



A igrexa abacial de Santa María de Meira, Lugo, formaba parte do Mosteiro de Santa María de Meira, Lugo, foi un cenobio fundado polos condes de Sarria na quinta década do século XII nun territorio virxe, como era preceptivo, preto das fontes do Miño.


A igrexa é un templo románico sobrio e de gran monumentalidade. Posúe trazas cistercienses, como se pode ver nas bóvedas da nave central, de medio canón, apuntado ás laterais, con bóveda de aresta.

Dende o exterior o seu aspecto é de horizontalidade, algo que adoita ser común nas igrexas cistercienses, debido á gran lonxitude do corpo da igrexa e en ocasións a que os muros adoitan estar algo cravados ou refundidos respecto ao chan circundante. 


No interior a sensación é de verticalidade, aínda que menor que nas igrexas románicas de peregrinación como a de  Compostela ou as catedrais góticas.

No exterior e na fachada occidental destacan os estribos aliñados aos soportes das naves. Cara ao oeste sitúase un gran rosetón e unha porta de arquivoltas de medio punto, un tímpano sen esculpir e tres parellas de columnas con detalles vexetais moi elaborados. Na cara este sitúanse os asides, parcialmente cubertos, nos que destacan uns canzorros e os decorados das ventás.

Do resto de dependencias monásticas orixinais consérvanse restos como algún muro do que fose claustro renacentista e que hoxe é sé do concello ou unha fonte, situada no patio interior.


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.

05/05/17

Castro de Viladonga, Castro de Rei



O Castro de Viladonga (Castro de Rei - Lugo) é un dos máis importantes de Galiza, dado que foi habitado durante máis de 8 séculos, isto permite obter moitos datos da cultura galego-romana, foi declarado BIC.

Atopouse un torque de ouro en 1911, isto motivou que se empezaran a realizar escavacións en 1972. Desde entón a recuperación de materiais, actividades de conservación e limpeza foron continuos.

Ocupa un outeiro con vistas á Terra Chá e as montañas de Monciro, Pradairo e Meira.

A croa está protexida por un total de catro muros de pedra e terra. No momento de máxima ocupación poderían habitar a aldea ata 250 persoas.
Foron atopados numerosos obxectos feitos de bronce e ferro, muíños, apeiros agrícolas e anacos de cerámica. 

O asentamento tivo a súa orixe entre os séculos II ou I a.C. aínda que o seu esplendor, sitúase entorno a os séculos III e V, considerase un exemplo de integración da cultura romana e Celta en Galicia.

Ao lado do castro sitúase un edificio, construído en 1986, no que se aloxa un museo que conserva os elementos atopados no castro.


Se queres ver o vídeo pincha aquí 



03/05/17

Río Sarela, tramo medio



Este percorrido polo Río Sarela introdúcenos nunha zona de bosque e no que perdemos o contacto visual coa cidade, pese a estar moi preto, esta camiñada permite o  descubrimento eo contacto directo coa natureza. 

O camiño, ben conservado, transcorre paralelo ás augas do Río Sarela e permite comprobar a importancia histórica que tiveron as canles fluviais na nosa economía e no noso ocio: pontes, regos, canais, muíños, lavadoiros, fábricas de curtidos... Estas últimas tiveron un papel moi relevante no desenvolvemento económico da cidade desde mediados do século XIX ata a metade do XX, tal e como queda patente ao longo deste percorrido que comeza nunha destas construcións fabrís, a da Ponte Sarela, e remata na do Carme de Abaixo.

Ao longo do sendeiro pódense ver numerosas especies vexetais típicas das ribeiras galegas: carballos, ameneiros, bidueiros, salgueiros, loureiros, etc.

Na primavera tamén podemos escoitar os variados sons da fauna que habita estas paraxes.


Se queres ver as fotos pincha aquí 

Se queres ver o vídeo pincha aquí