Translate

24/07/17

Embarcacións tradicionais galegas


Embarcacións tradicionais galegas
DORNA
Non se lle coñece a orixe histórica, é unha embarcación moi mariñeira, con moi boas cualidades veleiras, esto explica que pervivira a ata hoxe como barco de pesca e marisqueo. É unha embarcación moi abundante nas Rías Baixas.

FALUCHO
É unha pequena embarcación de chapa. Os mariñeiros de Bouzas, realizaban estas embarcacións coas chapas dos bidóns. As primeiras referencias son dos anos 20 do pasado século, usábanse para embarcar nos fondeos,

BUCETA.
Tamén chamada (fanequeira), as bucetas utilizábanse en moitas zonas da costa galega, pero e na Ria de Muros e Noia, onde sempre tiveron a maior representación, era moi versátil, destacando a pesca da faneca, o abadexo ou o congro e tamén o marisqueo.

RACÚ
É unha embarcación moi utilizada nas rías baixas. ían a remo e vela mística e de relinga, a que se víu en Combarro dispón de foque, trinqueta e cangrexa. Os racús son unha evolución da traiñeira e da lancha xeiteira galega que adoitan ter unha eslora de entre 5 e 10 metros,

GAMELA CORUXEIRA
A gamela coruxeira era a embarcación de artes menores mais estendida na Ria de Vigo,  desprazanbanse a remo e a vela trapezoidal o terzo ou mística, adicábase, principalmente, ao traballo con liña,  tamén faenaban con aparellos e nasas.
As súas características máis importantes son: o fondo case plano, o cal presenta unha pequena curvatura que lle proporciona arrufo, e a súa forma rectangular ou de dúas popas.

CAROCHO
Este barco foi utilizado principalmente para a pesca e o transporte de bens e persoas, coa morfoloxía dun barco alongado, de casco trincado semellante ás costas dun insecto, daí ven o seu nome,  rápido e de grande maniobrabilidade.
Moi utilizada no río Miño. Na parte galega tamén se coñece como bote anguleiro,  a súa orixe atribúe se ás embarcacións nórdicas. froito dunha evolución y dun proceso de mestizaxe constructiva marcado polas técnicas de orixe nórdica e mediterranea.

BOTE DE RIBADEO
Está embarcación de traballo, foi moi utilizada na ria da cal levan o nome.
Este bote de Ribadeo mantén semellantes as características estruturais dende ai oito décadas.

Se queres ver as fotos pincha aquí .

Se queres ver o vídeo pincha aquí .


Ningún comentario:

Publicar un comentario