Translate

07/07/17

NOIA I


O topónimo de Noia está relacionado cunha lenda, que se interpreta do escudo do concello, esta lenda di que foi fundada por Noé, que lle puxo este nome en memoria de Noela, a muller do seu fillo Jafet. 

A súa condición de porto compostelano, dada a proximidade a esta importante cidade, e polo tanto de grande activade económica atraeu a atención de piratas e invasores. No 1115 instalouse unha partida na illa da Creba e atacaron toda a comarca. Para reducir os ataques trasladouse a vila ao seu asentamiento actual, un pouco máis ao sur do emprazamento orixinal.

A mediados do século XIV tamén se fixo sentir a actividade dos irmandiños, queimaron a fortaleza do Tapal. 

Na Alameda, importante espazo verde, sitúase a igrexa franciscana, S. XVI. Parte do claustro deste antigo convento está adicado ás dependencias do Concello. Poden verse varias estátuas unha delas adicada ao poeta Avilés de Taramancos.   


Xa no casco histórico, bastante modificado, pódese ver a igrexa de Santa María a Nova, S XIV, e o seu cemiterio, ordenada construír polo arzobispo Berenguel de Landoria, o cal tamén ordenou construír a torre da catedral de Santiago que leva o seu nome, A Berenguela. Tanto a igrexa como o cemiterio, son espazos de grande interés histórico e artístico, dentro da igrexa atópase unha exposición de laudas gremiales antigas. 


No centro da vila atopamos edificios e prazas de moito interese histórico e estético, algúns deles reconstruídos ou ampliados sen coherencia estilística. 


Se queres ver o vídeo pincha aquí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario