Translate

14/07/17

NOIA II


Na zona oeste do casco vello de Noia atópase a Igrexa de San Martiño, está emprazada na Praza do Tapal, no lugar dun antigo castelo.


Foi construída seguindo o estilo "gótico-marinero" que se caracteriza por ter unha nave única con contrafoertes moi destacados que lle permiten contrarrestar os fortes empuxes dos arcos que sosteñen a cuberta. O ábside está coroado por almenas que indican unha certa función defensiva.
 

No interior da igrexa destaca a bóveda de crucería e as ventás que iluminan o interior. Foi construída no solar onde había unha ermida a Santa María.

Xa no exterior destaca a beleza da súa fachada principal, dividida en tres corpos verticais. Nos extremos, levántanse as torres, inconclusas, á da esquerda foille engadido un teito piramidal sobre o campanario no século XVI. No centro superior sitúase o gran rosetón rodeado de catro anxos tocando a trompeta.

Nun plano inferior está a porta con batentes nos que se representan os doce apóstolos e un arco apuntado no que aparece Cristo na primeira arquivolta e as doce figuras dos anciáns da Apocalipsis, seguindo as fórmulas do Mestre Mateo do Pórtico da Gloria de Compostela.

Na arquivolta seguinte aparece represéntada a Virxe, embarazada, á esquerda e un Arcanxo, á dereita, nos arranques do arco.


Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario