Translate

24/11/17

Calatañazor, Soria 2



Calatañazor está declarado Conxunto Histórico Artístico desde 1962. É unha pequena poboación medieval, onde se recorda a lendaria batalla de Calatañazor.
A poboación está situada sobre un outeiro é rodeada de murallas. O nome de Calatañazor vén de "calat am nasur" que significa "castelo dos voitres", o que dá idea do fortificado e difícil de asaltar.

A arquitectura é popular: o Paseo polas súas rúas trasládanos varios séculos no pasado. Destacan as formas peculiares das chemineas, que rematan en pico, o que dificulta que a neve do inverno se pouse nelas.

A igrexa da nosa Señora do Castelo é románica con modificacións posteriores. Destaca a súa portada e detalles decorativos como un conxunto de tres arcos cegos, un deles lóbulo de crara influencia Andalusí .

Un busto de Almanzor, dirixente musulmán, está situado no centro do pobo, este foi derrotado na lendaria batalla de Calatañazor.  


Tamén existe no centro da vila un "Rolo ou picota", columna de pedra onde se expoñían á vergonza os presos condenados.

Desde o castelo téñense unhas boas panorámicas das chairas que contornan Calatañazor.

Na parte sur e fóra das murallas, atópanse unhas tumbas antropomorfas medievais excavadas na rocha, que deberon pertencer a un cemiterio extramuros que se atopaba preto dunha ermida hoxe desaparecida. 


Neste lugar, de entorno medieval, Orson Welles localizou a súa película "Campanadas a medianoite". 



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario