Translate

03/11/17

Espigueiros de Lindoso e Soajo


Espigueiros de Lindoso e SoajoCoa chegada do millo, ou maínzo, de América produciuse unha gran abundancia de grans, isto creou a necesidade de secalos, almacenalos, conservalos, aireados e poñelos a recaudo de roedores e outros animais que gostan destes graos. 


A solución que se dou no norte de Portugal, Galiza e outros lugares do norte da península,  foi a construción de espigueiros, nome que se lle dá no norte de Portugal, en Galiza chámanselle hórreos, aínda que se utilizan un conxunto de sinónimos, o que indica a importancia que tiveron estas construcións nos últimos séculos.

 Os espigueiros, o mesmo que os hórreos, son construcións de granito, ou madeira, con rañuras ou portelos de ventilación. Aséntanse sobre patas ou piares de pedra, ou madeira, cunhas losas circulares na súa parte superior que evitan a entrada dos roedores. en algúns tipos fase unha construción cerrada na base chama, casa da eira, que se aprobeita como almacén de outros graos como trigo, fabas, etc.  Sitúase en lugares altos e ben ventilados. 

Moitas destas construcións están coroadas por cruces e ou símbolos fálicos, que invocan a protección contra calquera dano ou maldición.

Na vila de Soajo, no concello dos Arcos de Valdevez, hai un conxunto de espigueiros situados nunha eira comunitaria composta dunhas enormes laxes de granito, cerca do centro da vila. Ista eira comunitaria de Soajo ten 24 espigueiros (hórreos). os máis antigos son do 1782. Desde 1983 o conxunto de espigueiros do Soajo está clasificado como Inmóbil de Interese Público. 

Espigueiros de Lindoso, poboación situada no Parque Nacional de Peneda-Gerês. Os espigueiros desta vila están situados nos arredores da aldea medieval de Lindoso, entre o seu castelo e o cruceiro, este conxunto de 64 espigueiros sitúanse en torno a unha única eira comunitaria de grandes losas de granito, o que dá idea da importancia do traballo colectivo propio das zonas de alta montaña. Foron construídos aos longo dos séculos XVIII, XIX e XX.

Dende o alto do Castelo de Lindoso pode contemplarse  unha panorámica do conxunto dos espigueiros, situados na eira.

Se queres ver as fotos pincha aquí

Se queres ver o vídeo pincha aquí






Ningún comentario:

Publicar un comentario