Translate

06/01/18

Castro de Baroña



O Castro de Baroña está situado nunha pequena península rochosa, separada da terra por un istmo de area. Foi ocupado entre os séculos I a. C. a I d. C.

No istmo que separa o castro da terra, atópase a primeira medida defensiva, un foxo de 4 metros de ancho e 3 de fondo. A continuación, unha segunda muralla formada por 2 muros paralelos de pedra e area. Deste xeito, antes de chegar á muralla principal que rodeaba o castro, temos as dúas primeiras murallas paralelas que servían de primeira defensa.

Un triplo conxunto de muros paralelos e escalonados que terminan na porta de entrada, flanqueada por unha torre, constituen as murallas máis próximas á zona residencial. A zona sur, debido á proximidade das rochas o muro sinxelo.

As escaleiras de entrada, ben conservadas, lévanos a un poboado dividido en dúas. Nun nivel inferior, a zona sur, coas primeiras construcións e os restos da torre que flanquea a porta.


Na zona norte, separada da anterior por unha muralla, á que chegamos a través doutra porta con escaleiras tamén moi ben conservadas, con construcións de maior tamaño.

Na totalidade do conxunto consérvanse aproximadamente unhas 20 vivendas de planta circular ou oval, sen portas nin fiestras e con banco corrido en todo o perímetro.

É un castro marítimo, primeiro pola súa situación xeográfica, a carón do mar, tamén polo medio de vida dos seus habitantes. Como o indican os restos dun "concheiro", chamado así pola cantidade de conchas de moluscos e mariscos amontoadas. Os habitantes do Castro de Baroña recollían marisco na praia e os acantilados e practicaban a pesca. Entre os restos dos concheiros atopáronse anzois e demais utensilios necesarios para a actividade pesquera tamén espinas e vertebras de peixes.

O poboado castrense podería ser case autosuficiente, a falta de auga, que traerían do exterior.

Outras actividades que se desenvolveron neste Castro son a minería e a metalurgia. Na zona norte hai un forno no que se traballou, como na maioría dos castros, o bronce e outros metais como ouro e ferro.


Se queres ver as fotos pincha aquí. 

Se queres ver o vídeo pincha aquí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario