Translate

22/01/18

Dolmen Forno dos Mouros, Toques



Trátase dunha pequena anta, a cámara posúe estrutura poligonal cuase circular, o corredor de entrada está orientado cara ao suroeste. Conserva seis esteios, a tampa está apoiada en tres deles. O esteio número seis atópase en posición oblicua e sobresae por encima dela, isto fai supoñer que non está na súa posición orixinal. 


Está pintado, case na súa totalidade, con liñas en zigzag, dispostas horizontalmente, alternándose as liñas en vermello coas de cor negra. 

Achouse un vaso campaniforme, isto é unha excepción nos xacementos megalíticos galegos.

A técnica de construción desta cámara suponse a habitual, abrir un buraco circular no chan e coa terra extraída formar un terraplén que serve de axuda para a colocar as lousas laterais, acumúlase terra ata certa altura e créase a continuación un plano inclinado que axuda a arrastrar a tampa ata o seu lugar. 


O material utilizado para as losas é un esquisto cristalino, abundante nese zona.


Se queres ver o vídeo pincha aquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario