Translate

06/04/18

Suevos e Cristianización en Gallaecia



Se queres ver as fotos pincha aquí.

Se queres ver o vídeo pincha aquí. 


O Imperio romanoa comezos do século IV, primeiro tolera e despois oficializa o cristianismo, isto foi o recoñecemento dunha situación de facto: o imparable avance desta relixión ao longo e ancho deste Imperio. 

A implantación do culto cristián e das súas estruturas xurídicas, administrativas e materiais que os sustentan, dáse a ritmos e tempos diferentes, como non podía ser menos, nun territorio tan vasto coma o do Imperio Romano. 

Dado que é unha superestrutura ideolóxica, nacida no seo dun imperio centralizado e xuridicamente organizado, a súa tendencia é a uniformización e homoxeneización de usos e costumes dentro dunha estrita xerarquía organizativa e funcional.

No territorio da Gallaecia tamén se dá unha progresiva implantación do Cristianismo. Iste proceso podemos observalo a través dos textos xerados pola administración eclesiástica e das evidencias materiais ligadas á Liturxia, o culto e o mundo funerario.

Na época sueva, o Cristianismo, aínda estando presente, non se materializa de forma homoxénea e uniforme sobre o noroeste peninsular, dado que cando chegan os suevos, a comezos do século V, áchanse nos momentos iniciais da súa implantación e desenvolvemento. 


O proceso de implantación do cristianismo tamén se atopa cunha forte presenza e arraigamento dunha diversidade de cultos e prácticas moi ligadas aínda ao mundo relixioso romano e prerromano, como se mostra na cristianización de múltiples lugares de cultos pré cistianos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario